A desacralización da igrexa (II): do vaticano II ao Papa Francisco
A desacralización da igrexa (II): do vaticano II ao Papa Francisco

A desacralización da igrexa (II): do vaticano II ao Papa Francisco

A DESACRALIZACIÓN DA IGREXA (II): DO VATICANO II AO PAPA FRANCISCO


1.- Un papa sen pedestal


Como comentamos na primeira parte do post sobre este mesmo tema, o concilio trouxo aires de renovación e cambio para Igrexa en todas cada unha das súas estruturas e nos diferentes chanzos que a conforman.
Deste xeito, vaise poñendo en marcha a aplicación de toda aquela riqueza que se fora plasmando nos diferentes documentos que ao fin e ao remate configuraron os textos: constitucións, decretos e declaracións do concilio Vaticano II.


Tendo como punto de partida a constitución sobre a Igrexa, Lumen Gentium, pouco a pouco foise espreguizando o traballo que levou a ir aplicando todo, ou moito, do que se debatera e aprobara nas longas sesións que conformaron as diferentes etapas de desenvolvemento do Vaticano II.


2.- Do silencio á reivindicación do pobo de Deus


O concilio Vaticano II, principalmente as súas catro constitucións, ás que me referín nos post anterior (Lumen gentium, Gaudium et spes, Dei Verbum e Sacrosantum Concilium) supuxo un formidable pulo para que este proceso de abandonar vellas fórmulas, tanto de formulación teolóxica como de concepción e presenza da Igrexa no mundo, avanzase e non quedase en papel mollado.

O cambio foi palpable e ninguén o pode negar. E isto a pesares das descualificacións promovidas por grupos eclesiais contrarios a calquera tipo de cambio dentro da Igrexai.

Sesenta e dous anos despois do seu comezo, son moitos os autores que, mergullándose nas actas conciliares, nos van ofrecendo toda a riqueza -tamén as tensións-, que se desenvolvían naquela aula conciliar na que se convertera a Basílica de San Pedro do Vaticano.(ii)


O remate do concilio supuxo un reposicionamento por parte dos bispos, para tentar ir aplicando na realidade das súas dioceses a teoloxía conciliar á súa realidade pastoral; así como á renovación das estruturas diocesanas.

Isto non resultou, na maioría dos casos, nada doado xa que supuña un cambio de cento oitenta grados ao respecto de como se viñera Decálogos de franciscanías comprendendo e formulando, teolóxica e pastoralmente, a realidade da Igrexa no mundo, o que supuxo, en moitos dos casos, ralentizar as reformas para adaptalas a toda a riqueza que aportaban os textos e disposicións do concilio.

A eclesioloxía, a concepción do ministerio episcopal e sacerdotal, o recoñecemento das persoas segrares como maiores de idade na Igrexa, superando o infantilismo da minoría de idade disposta a obedecer o mandado, a renovación da liturxia en tódolos seus ámbitos, a importancia da Palabra de Deus na vida e na celebración e a maneira de entender a presenza da Igrexa no mundo, foron poñendo de manifesto que á Igrexa tocáballe renunciar a estilos, visións e formas de actuar marcadas por unha presenza de poder e cristiandade, para converterse nunha presenza de diálogo, escoita, colaboración ou recoñecemento dunha realidade plural onde xa non lle tocaba impoñer ou mandar, senón colaborar, aportar e participar, nun inter pares, nada doado de entender.

O mundo estaba cambiando, e a Igrexa quería seguir esta mesma estela para non quedar á marxe coma un vestixio do pasado a conservar, cada vez máis debilitado e ausente. O concilio supón o compromiso eclesial de non querer quedar reducida a ser un museo a contemplar polas xeracións vindeiras.


O concilio tamén nos fai tomar conciencia de que cando falamos de, ou da Igrexa non estamos a falar de pedras, os templos, nin de estruturas baleiras e de pasado. Todo o contrario. O concilio ábrenos unha perspectiva novidosa, esperanzada, participativa e de implicación, onde ninguén ha quedar á ou nas marxes.

Todas e todos somos un quen, un alguén en disposición a traballar e poñer o mellor de si que exprese que o ser comunidade é real e non unha ficción que queda nos libros e non ten continuidade na vida e nas accións.

A eclesioloxía que sustenta o ser Igrexa, e que o concilio desenvolve na Lumen gentium, é camiño dunha Igrexa poliédrica –como anos máis tarde dirá Francisco– na que cabemos todas e todos sen atender a rango ou posición social.

Unha Igrexa implicada en canto pasa no mundo, desde esa conexión froito do noso ser imaxe e semellanza dun Deus que non é estraño ao que acaece e acontece no mundo.

Un Deus que se quere enchoupar na andaina cotiá dos homes e mulleres do noso tempo, coas súas loitas, os seus logros ou os seus interrogantes… que tamén os hai.

E neste proxecto do Deus amoroso ninguén pode resultar indiferente nin anónimo

“Seducíchesme, Señor e deixeime seducir” Xer 20,7;

“Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben, ti sabes cando sento e me levanto” Sal 139,1-2.

    Todas e todos somos iguais e compartimos a mesma filiación (iii), porque compartimos unha mesma e infinita dignidade que nos iguala e á vez nos compromete.

    Nesta eclesioloxía de comuñón participación, o concilio Vaticano II invítanos a desenvolver o noso ser crentes desde unha Igrexa que está no mundo e que colabora e traballa para que este mundo sexa, como dirá tamén anos máis tarde Francisco, “casa común” (iv) de todas e todos.

    Unha Igrexa Pobo de Deus na que cada unha das persoas que a conformamos temos unha misión no medio do mundo, desde o noso estar nun lugar concreto e nun momento da historia que nos toca vivir.

    A partires desta eclesioloxía do Pobo de Deus xa nada nos é alleo ou queda fóra da nosa atención e da nosa implicación e compromiso. Entre todas e todos conformamos ese “Sacramento universal de salvación” que é a Igrexa que Xesús quixo e na que nos chama a estar con permanente actitude proactiva, leda, renovada e atenta a canto nela e no mundo no que ela vai camiñando ocorre.

    Unha Igrexa capaz de facer do discernimento metodoloxía de reflexión e concreción da riqueza evanxélica e do poso da súa propia historia; unha Igrexa sen medo aos cambios e en disposición permanente a dar razón da súa esperanza en cada momento e en cada situación (1Pe 3,15)


    A Igrexa Pobo de Deus non mira de embaixo a enriba nin tampouco de enriba a embaixo, senón que a súa mirada é unha mirada panorámica que iguala, coñece, descobre, alenta, anima e , sen pretender sabelo todo, está sempre disposta a aprender para que a forza do evanxeo e a voz do proxecto de Xesús siga a resoar en todo lugar e momento.

    Neste proceso de cambio e renovación que o concilio propulsou e o papa Paulo VI impulsou e alentou, non sen dificultades, e en moitos momentos vivindo con desacougo as reivindicacións duns e doutros, tanto por considerar que as reformas rompían coa tradición, como por considerar que non acababa de soltar o lastre que co paso dos anos se fóra adherindo ao seu xeito de ser e actuar, levándoa a afastarse do evanxeo.

    Por iso, buscando superar crispación de confrontacións, chamaba a traballar, sen desfalecer por mostrar o “novo rostro” dunha Igrexa, que na dialéctica continuidade-descontinuidade, buscaba saír ao encontro como tamén o
    fixera o seu Mestre. (continuará…)

    Clodomiro Ogando Durán

    Decálogos de franciscanías


    (i) Ben coñecido, e tamén belixerante contra calquera cambio e renovación, foi o grupo denominado “Coetus Internationalis Patrum” que conformaron os bispos contrarios á renovación e dos sectores máis conservadores da Igrexa.


    (ii) Citando só algunhas destas obras en lingua española, considero moi interesantes os traballos do profesor, xa finado, Santiago Madrigal.

    Quero resaltar algunhas delas: No apaguéis el espíritu, Tríptico conciliar. Relato-misterio-espíritu del Vaticano II, ámbalas dúas en Sal terrae, colección Presencia teológica. Do mesmo autor: Protagonistas del Vaticano II, Biblioteca Autores Cristianos, Colección estudios y ensayos e Memorial del concilio. Diez evocaciones del Vaticano II, na editorial Desclée De Brouwer, colección Biblioteca Teología Comillas. Asemade, e xa en colaboración con García Macías e Nin Güel, o Comentario teológico a los documentos del Concilio Vaticano II, Editado pola Biblioteca Autores Cristianos, colección MAIOR.


    (iii) Cfr. Fratelli tutti. Encíclica do papa Francisco sobre a fraternidade compartida e amizade social. Non somos ninguén abandonados a eito, ao contrario, somos alguén sempre acompañados e agarimados pola presenza de Deus ao noso carón.

    (iv) Na Laudato si, encíclica na que Francisco mostra o compromiso serio, teolóxico e urxente, das persoas que conformamos a Igrexa co mundo do que non estamos nin ausentes nin somo convidadas nin convidados de pedra, desenvolve esta categoría da casa común

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

    This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.