Cando a palabra se volveu profecía
Cando a palabra se volveu profecía

Cando a palabra se volveu profecía

Cando a palabra se volveu profecía


As múltiples frontes abertas que ten o papa Francisco, tanto dentro da Igrexa como fóra dela, nin o coaccionan nin tampouco lle impiden renunciar ao que son conviccións profundas á hora de vivir e desenvolver o seu profético ministerio de servicialidade na Igrexa e no mundo.

Así o puxo de manifesto o venres 14 de Xuño ao dirixirse aos membros do G7 reunidos en Bari, no sur de Italia , onde celebraban o seu encontro.


Buscando falar desde o corazón, e ante o seu auditorio o que el mesmo chama o texto curto, e entregándolles despois o texto longo e completo a participantes e xornalistas.


Partindo da afirmación, clara e rotunda, fronte aos “catastrofistas da profecía”, de que a política fai falta, e non podemos estar no mundo con unha actitude activa e comprometida obviándoa, desenvolve toda unha reflexión.

Desde unha perspectiva moral, non podía ser doutro xeito, e asentada nos principios da Doutrina Social da Igrexa, na que, diante dos dirixentes dos países máis poderosos do mundo, un chamamento desde unha clave de denuncia profética sobre os grandes problemas que hoxe vimos no mundo marcado pola ansia de poder, o afán de dominio e a incapacidade para chegar a acordos e entendementos a través da forza da palabra e non do uso das armas.

Non ter lido todo o texto fixo que nos medios de comunicación só se propuxesen titulares en redor da cuestión da intelixencia artificial.

Que o papa non demoniza, ao contrario, valora os seus moitos aspectos positivos e que supoñen avance e desenvolvemento para o ben das persoas e pobos.

Pero dito isto, non deixa de denunciar, desde a crítica ao paradigma teocrático, como xa fixera na encíclica Laudato si, ao esquecemento e borrado do ser humano no nome do progreso e o avance das tecnoloxías; polo que a intelixencia artificial no canto de servir á democratización do saber e do servir, pode acabar converténdose no dominio utilitarista de escollidos e poderosos.

E que moitas veces supón control, guerras, enfrontamentos, perda de liberdade e invisibilidade da dignidade.

Non é logo a intelixencia artificial un ogro ao que hai que ter medo, senón unha ferramenta que, ben utilizada a favor das persoas e pobos, nos seus múltiples ámbitos, axuda a que a ciencia sexa un medio ao servizo do ben común de a ética compartida.


Reitera constantemente ao longo do seu discurso que precisase a política para dar resposta a retos e camiños que hoxe se nos abren dun cabo ao outro do mundo.

Como xa deixara escrito na encíclica Fratelli tutti, cando chama a non convertela nunha palabra baleira de contido ou a enchela dun significado alleo a ela mesma e cheo de ineficiencia, corrupción, engano, utilitarismo ou ansia de poder.

De aí a insistencia en que a política, a boa política, ha estar sempre asentada na raíz da caridade e do amor. Pois só desde estas dúas se entenderá que a urxencia de traballar, con convicción e realismo, pola paz e na busca do diálogo. Temas estes sempre, pero especialmente neste momento convulso e crispado, presentes no seu maxisterio .


Só desde unha casa común na que o seu coidado se converta en tarefa permanente, se poderá convivir de xeito amigable e respectuoso coas diferencias.

Ás que non se ha ter medo, ao contrario, porque só desde a pluralidade integradora se han construír camiños polos que todas e todos poidamos andar, sen vetos nin exclusións para ninguén.


As proféticas palabras, unha vez máis, de Francisco en Bari diante dos poderosos do mundo, son tamén para nós unha esixencia de busca coherente de acordos que impidan que os bulos, as mentiras e a crispación, se convertan en metodoloxías de xestión do público. Do que é de toas e todos.


Clodomiro Ogando Durán

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.