MAGNIFICA HUMANITAS – Suaviter in modo, fortiter in re-II
MAGNIFICA HUMANITAS – Suaviter in modo, fortiter in re-II

MAGNIFICA HUMANITAS – Suaviter in modo, fortiter in re-II

«Suaviter in modo, fortiter in re» (suave en las formas, firme en el fondo)
MAGNIFICA HUMANITAS (Magnífica Humanidad)

Ven da entrada anterior capitulos 1 a 3

O cuarto capítulo

O cuarto capítulo ( 131 – 181) achéganos unha reflexión desde a que se nos invita a ser custodios do humano ( referencia clara a unha imaxe moi utilizada por Francisco ) desde unha tripla perspectiva que nos pon en relación con dúas categorías e unha concreción fundamentais no ámbito da teoloxía moral: a verdade ( lembramos que sobre ela insistiu Xoán Pulo II na Veritatis Splendor, e posteriormente Bieito XVI na Caritas in veritate ). Sen a verdade  facemos do relativismo o criterio fundamental do decidir e do actuar, que desde a xeira da IA vólvese verdadeiramente perigoso e ameazante nas mans dos que posúen poder ou capacidade económica para xerar propostas ou desenvolver investigacións nos ámbitos que consideren.

Desde os principios da D.S.I., como ben lembra o papa, “a transformación dixital pídenos redescubrir a verdade como ben común, protexer a dignidade do traballo e salvagardar a liberdade fronte a toda dependencia e mercantilización”(131)

Urxe, desde o binomio verdade – democracia diferencias entre comunicación e información ( sen investigación e a reflexión, dificilmente de evita o engano e a manipulación ), tan pouco diferenciadas e ben mesturadas hoxe desde plataformas de control e poder de contidos e información, e onde a IA desenvolve un papel non pequeno. Porque so sabendo diferenciar poderase comunicar desde o que el chama a ecoloxía da comunicación  ( xa  en S.R.S., nos adiantaba Xoán Paulo II o concepto ecoloxía humana, que hoxe ten tamén outras derivadas ), tan necesaria para evitar que a idolatrización dos medios , non é preciso poñer exemplos, nos leve por vieiros de confusión e manipulación.. Argumentar e verificar; educación e mundo dixital; transparencia e  comunicación para asegurar a verdade son fundamentais para evitar caer na manipulación da realidade que, por ser repetidas moitas veces desde ámbitos dixitais, acaba facendo dos bulos, sen selo, principios de verdade. A escola, tan cuestionada hoxe e tan doada de ser ideoloxizada ha ser o tronco fundamental desde a que a educación  para o mundo dixital axude a que a verdade non desapareza.

Volvendo a un dos temas recorrentes no maxisterio da D.S.I. volve neste capítulo a  tratar a cuestión do traballo, pero desta volta desde a mirada ao mundo actual e da súa relación, non sempre doada e positiva, coa IA.

O traballo, e a súa dignidade, no ámbito da realidade DIXITAL. Pois esta está a cambiar, e moi amplamente, a estrutura e mesmo a concepción que desde o comezo da primeira revolución industrial se viña tendo da cuestión do traballo.

Desemprego, precariedade, socialización,  eclipsan a dignidade da persoa en relación co seu traballo e afastan da súa concepción a idea do traballo como un ben que pon de manifesto as capacidades e valía das persoas sobre as máquinas.

Fronte a todas estas neboeiras que van asomando desde o achegamento á realidade que a IA nos vai propoñendo e mostrando, chama o papa a ser custodios de liberdade como resposta a calquera intento de dependencia e mercantilización dos seres humanos e a creación de novas escravitudes.

Trata e neocolonialismos,  son algúns dos aspectos que a perda da dimensión subxectiva do traballo –

cfr. L.E.- acaba levando á despersonalización e cousificación da persoas traballadoras. Polo que é fundamental que institucións, empresas, organismos e comunidades educativas afronten con rigor e constancia esta nova realidade que a IA e a robotización e tecnoloxización do traballo nos están achegando.

Diante destes novos camiños e ámbitos de reflexión que se abren e piden  achegarse desde unha vertente moito mais integral, e non unicamente economicista e pragmático utilitarista: resultados económicos, a última parte do capítulo é unha reflexión, moi no contexto da teoloxía moral, sobre a liberdade. Categoría que se volve nuclear neste mundo  de control, seguimento, obtención de información a través dos medios tecnolóxicos, aparentemente inocuos. O que lev a denunciar as novas escravitudes que todo este mundo introduce e incorpora á realidade persoas e social.

 

O quinto capítulo

O quinto capítulo ( 182-228).O derradeiro capítulo da encíclica quere ser unha achega de reflexión sobre a proposta que o papa propón, desde a Igrexa e a antropoloxía cristiá, de contrapoñer a cultura do poder, que se esconde detrás de toda esta nova realidade que nos chega expresada nos termos IA e tecnoloxía, robótica ou tecnificación, á civilización do amor. Atopamos nesta contraposición outro contraposición que propuxera o papa Xoán Paulo II na Evangelium Vitae. Cando contrapuña cultura de/da morte a cultura de/da vida.

Chama a atención un novo concepto, que seguro tedes lido dun tempo a esta parte en textos escritos, estoume a referir ao que se chama a guerra híbrida. Como ben se di no número 183, “ a revolución dixital está a modificara gramática dos conflitos”. O que leva consigo engadir novas acepcións a termos que durante moito tempo viñamos utilizando de maneira unívoca. E iso é así porque falar de guerra hoxe é falar de: ataques cibernéticos, manipulación de información, campañas de influencia e automatización de decisións estratéxicas, influxo en procesos electorais do propio ou de outros países… todas estas situacións que nos veñen da man da IA fan que cando falemos de guerra non esteamos a pensar en armas que se disparan ou bombas que se  soltan sobra territorios. O que da lugar a reactivar/ revivir novo imperialismos, si, pero con elementos de control e influencia ben distintos. Pensemos hoxe no triunvirato de poder que tanto está a dominar nesta nova situación: Trump, Putin e Xi Jinping.

Ante este clima de confrontación, crispado e imposto pola forza de quen ten o poder, contrapón León na civilización do amor, para a que recupera as grandes categorías da D.S.I. para presentar a proposta  nunha realidade na que a crise do multilateralismo ( pola ruptura das regras que despois da segunda guerra mundial nos tiñamos dado ) e a primacía do chamado realismo político; primacía que se afasta dunha visión que teña como centro a persoa e a defensa da súa dignidade.

Nunha perspectiva así, a proposta do papa León chama a unha invitación á conversión como criterio transformador da mirada que hoxe se fai sobre o mundo, unha conversión na que todos teñen capacidade para aportar e contribuír. Ante o pesimismo dos que sempre se sitúan no derrotista aquí non se pode facer nada, proponse a implicacións, nos diferentes ámbitos e situacións nos que cada quen se atopa,  a implicación para facer posible o cambio de paradigma que supoña tamén o cambio de mentalidade: desarmar a as palabras, construír a paz desde a xustiza, asumir a mirada das vítimas ( construír a historia véndoa desde embaixo) e cultivar o que el chama o realismo san. Unha realismo que se asenta sobre o diálogo, que non sobre os monólogos do poder e a recuperación da diplomacia e o multilateranismo.

A conclusión ( 229 – 245), é unha invitación, desde a urxencia de mirar a realidade cos ollos de hoxe, non os da nostalxia de outro tempo,  tendo en conta que a O Verbo asumiu a condición humana para , facéndose un de nós, deixar as súas pegadas de transcendencia e a súa mirada misericordioso que non se achega ao outro/a coma un inimigo senón coma un irmán/á co que construír unha realidade na que a persoa, querida e redimida por Deus, é centro e razón de toda decisión.

Para entender no seu conxunto este texto co que o papa León nos ten agasallado, é preciso ter sempre activas a capacidade de reflexión e os  ollos ben abertos, para que o abano da realidade actual non se nos escape nunca.

Como el di nos números 231 e 232:

“No centro está o misterio da Encarnación: o Verbo fíxose carne e puxo a súa morada entre nós. A carne do Fillo, pobre e vulnerable, evoca a carne de tantos irmáns e irmás desposuídos da súa dignidade e reducidos ao silencio. [206] E a través desta proximidade, o don da paz entra no mundo de modo paradoxal: como o poder de chegar a ser fillos de Dios, que se aviva cando nos deixamos conmover polo pranto dos pequenos, pola fraxilidade dos anciáns, polo silencio das vítimas, polo esforzo de quen loita contra o mal que non quererían facer”. ( M.H. 231)

 

“Nas promesas do transhumanismo e dalgunhas correntes posthumanistas, que perseguen unha humanidade potenciada e case desencarnada, recoñecemos un desexo que nos interpela: a necesidade dunha vida máis plena, menos exposta á fraxilidade e ao sufrimento. Pero a Encarnación abre un camiño diferente.

Mentres as ideoloxías antigas e novas empuxan ao home á superación técnica do límite e a elevarse por encima dos demais para afianzar un dominio, o misterio do Fillo de Dios que entra na nosa condición narra un movemento oposto: o Deus vivo que descende á nosa historia para liberarnos de toda escravitude, [209] asume a nosa debilidade e transfórmaa en lugar de salvación”. ( M.H.232)

 

Clodomiro Ogando Durán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.