Crecer nun proceso compartido en igualdade.
Crecer nun proceso compartido en igualdade.

Crecer nun proceso compartido en igualdade.

Besbello lucis V. Crecer nun proceso compartido en igualdade

Os capítulo sexto ( 199 – 258), da exhortacións Amoris laetitia, pon de manifesto a complexidade da opción e vida matrimonial. Que vai máis alá dun simple rito, costume ou acto social.

Tenta Francisco achegarnos unha realidade con moitas caras e esquinais, e á que é necesario prestarlle atención, porque nela e desde ela, enraízase e  desenvólvese a verdadeira comuñón de persoas a través e por medio da familia.

Recorre, como adoita facer habitualmente, a nunha linguaxe sinxela e clara; e non por iso, sen deixar de ser profunda. Centrase todo o capítulo 6º na presentación dalgunhas perspectivas pastorais a desenvolver hoxe, en relación ao matrimonio e á familia. Perspectivas que xa desde o comezo do capítulo insiste en enmarcar desde unha actitude sincera, real, honesta e clara de diálogo. Sen esta base todo intento de reflexionar e concretar na cotianeidade da vida das familias, sería van.

Polo que o diálogo que propón supón avanzar ofrecendo propostas de futuro, que superen a tentación do vivir nostálxico e permanente; do mirar cara atrás a un tempo que foi, que nunca volverá nin poderá responder aos retos que hoxe está a plantexar ser familia cristián desde a convicción e sen avergoñarse de selo.

¿Como anunciar o evanxeo hoxe?

 A pregunta que podemos facernos sobre como presentar hoxe o evanxeo, lévanos á necesidade de cuestionarnos sobre onde hai que sitúar o centro da pastoral familiar.

A resposta non pode ser outra que na centralidade das familias; persoas concretas, non heroes nin heroínas, que afrontan as dificultades, fracasos e acertos no medio dun día a día enchoupado de présa e necesidade de tomar decisións.

Persoas concretas, non heroes nin heroínas, que afrontan as dificultades, fracasos e acertos no medio dun día a día enchoupado de présa e necesidade de tomar decisións.

O que nos obrigará a que as reflexión de propostas non poidan ser en abstracto e a eito, senón que han de ter en conta a particularidade, a realidade concreta que se busca clarificar e discernir en cada situación( A.L 200). Supón un cambio de paradigma respecto fundamentacións e propostas mantidas  noutros textos semellantes.

O que leva a Francisco afirmar a necesidade dunha conversión misioneira.

Que se propón desde unha praxe dialéctica, que se vai desenvolvendo ao longo do tempo e nun espazo concreto;

Un proceso que é necesario concretar en catro actitudes que han estar na raíz da convivencia familiar:

  1. A dignidade.
  2. A reciprocidade.
  3. A comuñón.
  4. O diálogo.

Porque froito deste proceso, concreto e realista, toda familia está chamada a crecer e madurar superando a tentación de reducila a un simple cumprir normas estereotipadas  e aplicadas de forma xeral en contextos moi distintos. ( A.L.201).

Só desenvolvendo un camiño de crecemento no que se van integrando e propoñendo os valores, podemos afirmar que a familia é centro e suxeito, e non mercantilismo utilitarista rexido por cuestións ideolóxicas, políticas, sociais ou económicas.

O que leva a Francisco a preguntarse cales son os chanzos que se necesitan ir subindo para que se poida construír a realidade familiar como unha verdadeira experiencia de comuñón de iguais.

Destacando como primeireo a importancia da parroquia , chamada a ser sempre berce de aloumiño, porque ela é: familia de familias. E polo tanto,espazo privilexiado de acollida, de camiño compartido e de acompañamento.

Ao situar a parroquia como berce desde a que promover unha pastoral familiar, quere que esta sexa casa  de encontro, escoita, diálogo e comuñón na diversidade de maneiras, visións e experiencias. Evitando convertela nunha fría institución burocrática na que se “xestionan papeis”.

Porque a parroquia está chamada a superar o lastre, acumulado ao longo de  moitos anos, de ser só espazo de realización de cerimonias e de actos sociais.

Asumir as sombras será o primeiro paso para ir desenvolvendo unha proposta moito máis acolledora, humanitaria e de verdadeira comuñón. O que esixe. Nos esixe creatividade e renovación como eixes desde os que promover unha formación integral e esperanzada a cantos  traballan no eido da pastoral familiar: curas, diáconos, catequistas, relixiosas, relixiosos…axentes de pastoral (A.L.202).

Resulta significativa a referencia ao déficit de formación interdisciplinar respecto ao noivado e o matrimonio nos seminarios. É esta unha afirmación que pon de manifesto que para Francisco resultaron verdadeiramente suxestivas e enriquecedoras as discusións na aula conciliar durante a celebración do sínodo.

Pois moito se tiña insistido na importancia de incluír no plan de estudos dos centros de formacións dos sacerdotes as cuestións respecto ao matrimonio e á familia, desde a complexidade, gozos e dificultades, que hoxe presentan. Evitando unha mera repetición de  fórmulas e contidos teóricas e afastados da realidade que tantas parellas cristiáns están a vivir. (A.L. 203).

A falta de formación ten xerado, en non poucas ocasións, malentendidos, pseudo acompañamentos e, moitas das veces, intentos claros de manipulación das conciencias no nome dunha tóxica relación entre os axentes de pastoral e as familias.

Pois no só se lles ten impedido desenvolver a súa autonomía e capacidade de discernimento, senón que tamén se lles ten imposto unha visión estereotipada e teórica, bastante afastada dos problemas concretos e cotiáns, sobre cuestións nas que os verdadeiros protagonistas son eles.

Para evitar que poidan volver darse situacións  así, Francisco insiste con vehemencia na necesidade de que a formación nos seminarios sexa integral que acade a madurez dos futuros curas:

Haberá que garantir ao longo da formación unha maduración para que os futuros ministros posúan o equilibrio psíquico que a súa tarefa lle esixe” ( 203).

a la luz de los evangelios

Unha aposta intelixente, realista e esixente para evitar o clericalismo mesquiño froito non da comprensión, se non do intento de controlar e dominar conciencias.

Como axentes de pastoral con capacidade e autonomía, tamén os segrares se han implicar na busca dunha boa formación integral para acompañar, acoller, escoitar, que non xulgar, os procesos desde os que estruturar a pastoral familiar.

Porque é este un dos retos, que como Igrexa se nos presentan hoxe, pois non debemos esquecer que a decisión do compromiso matrimonial non ha de facerse ao chou, senón que esixe inserirse  nun proceso longo, complexo, integrador e ilusionante.

Para elo se precisan propostas creativas e xeradoras de esperanza, fronte a unha realidade social secularizada e na que o relixioso ten que ser fermento estimulante de ledicia, e non tradición.

Descubrir esta fermosa realidade supón querer embarcarse nunha dinámica xeradora de esixencias e opcións, para os que se precisa espírito libre, gozoso e sen lastres de inmobilismo cultural, opresivo ou relativista, apegado a ritos, costumes ou ideas cheas de prexuízos, e moi afastado da frescura  propositiva do seguimento de Xesús.

Madurar ao longo deste camiño invita a aprender a crecer en cada unha das súas etapas. Para vivir de xeito agradecido o gozo de ser matrimonio cristián, que non se esgota na forza biolóxica da mocidade senón que se prolonga na tenrura agarimosa da vida compartida no agradecemento, en fidelidade de comuñón, por facer do amor eixo da convivencia, en cada unha das súas etapas.

Clodomiro Ogando.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.