A Igrexa, unha historia de mulleres
A Igrexa, unha historia de mulleres

A Igrexa, unha historia de mulleres

A Igrexa, unha historia de mulleres

Mulleres na fe

A diferencia doutras institucións ou grupos sociais nos que as mulleres se foron incorporando pouco a pouco, na Igrexa sempre estiveron presentes. E agora que xa se ten perspectiva histórica do feminismo, e vanse establecendo as diferentes ondas que supuxeron pasos adiante no proceso de recoñecemento, coido que tamén na Igrexa podemos falar de sucesivas ondas de recoñecemento da muller. Aínda que non son equiparables ás ondas do movemento feminista, si supoñen ter unha perspectiva histórica diferente á hora de reivindicar, recoñecer e outorgarlles os mesmo dereitos cós varóns.

Para que este momento chegue aínda falta moito, pero tendo en conta como son os procesos na Igrexa, podemos dicir que xa faltou máis, inda que esta non sexa máis ca unha frase feita.

1.- A primeira onda: a contracorrente de Xesús

Desde o principio as mulleres estaban e acompañaban a Xesús.

Desde María, muller, nai e primeira cristiá, ata aquel grupo de mulleres que estaban ao pé da cruz: María de Cleofás, María Magdalena e a irmá de María, a nai de Xesús (Xn).

Pero ao longo dos evanxeos van aparecendo diversos nomes de mulleres que ben acompañaban a Xesús -eran do seu grupo-, ben se ían atopando con Él a medida que ía e anunciaba a súa mensaxe dun cabo ao outro de Palestina.

Marta, María, ou a samaritana son algunhas destas mulleres ás que a relación con Xesús lle foi dando un sentido distinto á súa vida.

Xesús ía cambiando a relación e o trato coas mulleres, afastándose do binarismo pai home no que se situaba naquela sociedade patriarcal e profundamente masculina.

El ía abrindo camiños de  trato igual, respectuoso e escoita. Valorando a súa opinión e prestando atención a canto elas dicían.

Santa Cruz

2.- A segunda onda: presenza e responsabilidade nas comunidades

Nos textos seguintes do Novo Testamento esta relación e recoñecemento da muller e mensaxe de Xesús foise acrecentando.

Tal é así que nas páxinas tanto dos Feitos dos Apóstolos como das cartas paulinas van aparecendo os nomes das mulleres que tiñan un desempeño especial na vida daquelas primeiras comunidades da primeira hora:

Tabita Dorcas (Feit 9,36ss), Lidia ( Feit 16, 13-15), Priscila (Feit 18,1-3), Febe (Rom 16, 1), Xunia (Rom 16,7), Evodia e Sintique (Fil 4,2ss). E así poderiamos seguir citando a Trifosa, Loida e Eunice, Ninfas ou Pérsida.

Isto indícanos que o papel da muller naquelas primeiras comunidades era relevante e de animación do sentir comunitario.

3.- Terceira onda: a perda de relevancia e primacía do varón

A historia, como boa mestra que é, vainos mostrando como esta presencia e este papel de recoñecemento se foi perdendo pouco a pouco a media que a Igrexa se ía parecendo máis a unha estrutura xerárquica e contraída moi ao modo da estrutura do Imperio romano. E neste sentido de ir confirmándose como estrutura organizada ten un papel moi importante Ignacio de Antioquía, bispo e teólogo do século II, considerado como o ideólogo do que se chamou o episcopados monárquico, no que eran aos varóns a quen se lles encomendaban funcións de mando e organización na vida e estrutura da Igrexa.

E inda que, como mencionan testemuñas escritas, a presenza das mulleres non era pequena, a súa responsabilidade na dirección da comunidade ía perdendo forza, presenza e responsabilidade, dando lugar a que pouco a pouco se fosen facendo cada vez máis invisibles como  responsables das comunidades, para encargarse das cuestións propias de mulleres: os coidados.

Eran os clérigos varóns os que ían asumindo todas as decisións de goberno. A clericalización estaba na liña de saída. O clericalismo iría chegando pouco a pouco.

Co paso dos séculos a xerarquización cada vez maior na estrutura, organización e vida da Igrexa, foi levando a que o papel das mulleres na primeira liña da evanxelización se fose perdendo.

E cando algunha delas sobresaía sempre tiña detrás un clérigo que a modo de director espiritual era o que tomaba, aconsellaba, marcaba liñas e dicía sobre o adecuado ou inadecuado das accións a poñer en marcha.

Non houbo carisma, proxecto ou alento do Espírito que non tivese que recibir o visto e prace do varón masculino, a quen correspondía a decisión de goberno e dirección.

A historia da Igrexa está chea de nomes de mulleres fundadoras ou refundadoras de congregacións ou ordes relixiosas dedicadas á educación, o coidado da saúde (hospitais) con nome de muller na súa orixe, pero aprobadas e permitidas por homes relixiosos, sexa o grado que sexa o que lles correspondera

Mulleres como Exeria ou Xoana de Arco non son máis que agullas moi pequenas no palleiro eclesial no que as iconas de presentación e decisión sempre eran masculinas, a pesares de que é impensable imaxinar unha Igrexa sen a presenza e o traballo das mulleres ao longo dos seus dous mil anos de historia.

Pero unha historia escrita, dirixida e desenvolvida por homes con poder sobre as conciencias para dominar e controlar as súas freguesías, polo que moitas das mulleres daquel tempo foron reducidas ao silencio do que nin se coñece nin se ve.

E cando algunha muller sobresaía polas súas capacidades, e quería escapar do dominio do seu pai para non caer no do seu home, profesaba nun convento, para alí, nunha especie de oasis no deserto da masculinidade, desenvolver as súas capacidades…inda que non sempre estas xiraban ao redor da sororidade compartida, senón nun xeito de gobernar ao estilo dos varóns.

Outro dos estereotipos clásicos ao respecto do papel da muller na Igrexa, e que non ía descamiñado do que pasaba tamén na sociedade civil, era atribuírlle a elas sensibilidade, delicadeza e capacidade afectiva, capacidades que, inda que se valoraban, facíase desde a visión dun sexo débil e sen dotes de mando.

De aí que a xeira pola que caseque todas elas camiñaron foi a dos coidados, en todas e cada unha das facetas que estes inclúen.

Clodomiro Ogando Durán

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.